WAVE FEST

WAVE FEST 2027 · O festival de música urbana da Costa da Morte

WAVE FEST Galicia é o primeiro festival de música urbana e electrónica da Costa da Morte. A primeira edición celébrase o sábado 31 de xullo de 2027 en Campo de fútbol Novo Cubeleiro, Corcubión (A Coruña): un día enteiro ao aire libre, das 19:00 ás 06:00. Rap, trap, reggaetón e electrónica, cun cartel maioritariamente galego.

Artistas confirmados

Data31 xullo 2027
Horario19:00 – 06:00
LugarNovo Cubeleiro, Corcubión
IdadeDende 16 anos

Rexístrate e entérate antes ca ninguén

Preguntas frecuentes

Cando é o WAVE FEST 2027?

O sábado 31 de xullo de 2027, das 19:00 ás 06:00. É a primeira edición do festival.

Onde se celebra?

No Campo de fútbol Novo Cubeleiro, Corcubión (A Coruña), en plena Costa da Morte e ao aire libre.

Que artistas tocan?

Os primeiros artistas confirmados desbloquéanse ao rexistrarte de balde en wavefest.es, e axiña anunciaremos moitos máis.

Cando saen as entradas?

A venda será en liña a través das canles oficiais do WAVE FEST. As persoas rexistradas en wavefest.es serán as primeiras en sabelo.

Cal é a idade mínima?

Pódese acceder a partir dos 16 anos. As persoas menores levarán unha pulseira distintiva e non se lles servirá alcol.